Antenas telefonía móbil

 

Este é un eido onde ten que prevalecer o principio de precaución dada a falla de estudos que garantan a inocuidade das emisións dos campos electromagnéticos.

 

A resolución do Parlamento Europeo de 4 de setembro de 2008  recomenda aumentar os estándares de seguridade mediante a redución dos límites de radiación permitidos para conquerir reducir a exposición aos campos electromagnéticos derivados das instalacións, entre outras, de telefonía móbil.

 

A Axencia Europea do Medio Ambiente diante das investigacións desenvolvidas ate o de agora salienta que se descoñecen as consecuencias de exposicións prolongadas aos campos electromagnéticos, en particular para o caso das crianzas, cuxo sistema nervioso se atopa en desenvolvemento.

 

Son moitas as posibles derivacións dunha exposición incontrolada ás emisións das antenas de telefonía móbil ou redes wifi, o que aconsella extremar o principio de precaución e, xa que logo, aumentar as distancias e reducir os límites das radiacións permitidas.

 

Xa que logo, Esquerda Unida insta ao Goberno a modificar a normativa legal no senso de facelo máis segura en favor da saúde da nosa veciñanza, en particular da infancia. Queremos lembrar que o Grupo Municipal de EU no concello xa desenvolveu varias iniciativas chamadas a conquerir unha maior seguridade e precaución neste eido, mediante a desmontaxe das antenas que se atopan fóra da normativa e mediante a modificación da mesma para facela máis segura para a nosa veciñanza.

Relacionados