Anulación da praza do CGAC

 

Neste senso, o deputado de AGE, Xabier Ron, incide en que “a Administración debe ser garante da ética, polo que debe velar polos criterios de igualdade e obxectividade. Non se poden realizar procesos que acaben por dar, a dedo, un posto de traballo”, sinala.

É por isto que agora “debe realizarse un novo proceso conforme a criterios de obxectividade e éticos; baseados en principios fundamentais como o de obxectividade, mérito, igualdade e capacidade”, precisa o deputado.

É neste punto cando se entende que “un proceso de selección auspiciado desde a administración pública non pode verse envolto de denuncias de irregularidade, de opacidade e de feitos que atentan mesmo contra o que conteñen as bases da orde”.

No artigo 9 da ORDE do 25 de setembro de 2014 pola que se convocaba o posto, defínense os aspectos relacionados co procedemento selectivo, que consiste nunha valoración de méritos e proxecto (art. 9.1.) e nunha entrevista (art. 9.2.), sendo requisito para poder acceder á fase de entrevista obter “un mínimo de 65 puntos”. Na entrevista dise de forma clara que nela “valorarase o coñecemento das linguas oficiais de comunidade autónoma así como das linguas estranxeiras, nomeadamente a lingua inglesa” e que terá “unha valoración máxima de 10 puntos”. Existen evidencias de que non se procedeu conforme ao indicado no artigo 9.2, de tal forma que tivemos coñecemento de alegacións cursadas por J.A.N.L. que afirman que “durante o tempo que durou a entrevista persoal este candidato non foi requerido en ningún momento para acreditar os mentados coñecementos [refírese ao coñecemento das linguas oficiais de Galicia e ás estranxeiras]”.

Unha denuncia “grave” con fundamentos

Para o deputado de AGE,  Xabier Ron, “trátase dunha denuncia grave e que debe ter algún fundamento pois un mes despois, sen que se respondese á persoa que alegaba; despois da publicación das puntuacións provisionais, sen que conste nas propias bases; convócase ás persoas seleccionadas a unha proba de linguas que ten lugar o 25 de maio de 2015”. “Trátase dunha proba non definida nas bases nin na súa forma nin no contido, xa que nas mesmas se indica que debe formar parte a súa valoración, de forma obrigatoria, da fase de entrevista, tal e como se indica nunha novas alegacións rexistradas antes da realización da proba, o 22 de maio de 2015”.

 

Segundo Xabier Ron, “semella en todo punto unha irregularidade que, de por si, xustifica a anulación non só das puntuacións dadas o 23 de abril e dadas conforme a unha entrevista mal realizada, senón que debera implicar a anulación de  todo o procedemento”, denuncia.

Relacionados