Apagamento alumado Ventorrillo

Diante desta situación rexistramos unha pregunta escrita para coñecer o acontecido, na que o goberno municipal resposta a que este tipo de faios débese ao deficiente estado da rede e que durante anos o mantemento desta estivo por debaixo dos mínimos razoables debido ao baixo investimento.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que a veciñanza do Ventorrillo volveu a quedar a escuras o fin de semana até as 20:30 h. Do día 3 apesares de que o goberno local indica que coa entrada o 1 de xaneiro de 2013 do mantemento integral de alumado. Un servizo que segundo asegura o goberno municipal asegura que as reparacións desenvolveranse durante os 365 días do ano, minimizando, así, o tempo de resposta.

Esquerda Unida lamenta que por segunda vez en dous meses a veciñanza do Ventorrillo quede varios días sen alumado público, algo inaceptable que en pleno século XXI.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é inaceptable que a rúa Monasteiro de Caveiro e arredores permaneza a escuras durante máis dun día, preguntaremos por esta eiva no servizo de mantemento integral do alumado”. Así o espazo lateral do centro comercial do Ventorrillo permaneceu a escuras sábado e parte do domingo, até a rúa Peñamaría do Llano.

 

Relacionados