Aparcadoiro da Praza de Armas

O concelleiro Javier Galán denunciou a situación do aparcadoiro na comisión de economía do concello celebrada hoxe. Nela o Goberno Municipal recoñeceu a situación ilegal do réxime do aparcadoiro, que xa ten vencido o contrato e se atopa sen cobertura legal algunha.

Javier Galán reclamou unha inmediata reacción do Goberno Municipal para recuperar de xeito efectivo a concesión do aparcadoiro. O  concelleiro de EU  esixiu que o Goberno Municipal asuma de xeito urxente, para este mes de xaneiro como máis tardar, a xestión directa do aparcadoiro.

EU ten que lamentar o pésimo mal facer dun goberno que acepta que un particular se lucre dun aparcadoiro municipal sen contrato algún. Demandamos que se rectifique esta situación.

EU vai manter unha actitude vixiante nesta cuestión e non aceptará que se manteña unha situación non acorde coa legalidade. Alén da resolución última sobre o aparcadoiro de Armas, EU esixe do Goberno que no entanto se respecte a legalidade e esta pasa pola asunción da xestión directa polo concello, logo da xa lonxana recuperación da concesión polo concello.

Relacionados