Aparcadoiro disuasorio

 

O anunico, a conta dunha demanda  -formulada na Comisión- de EU para arranxar o firme do espazo habilitado como aparcadoiro disuasorio nas inmediacións do Sánchez Aguilera, argumentase na existencia doutro aparcadoiro privado situado tamén na contorna.

 

Javier Galán denunciou na Comisión e o traslada á cidadanía neste comunicado que cómpre arranxar un espazo que adoita encherse de vehículos e que se concibe  transitoriamente como disuasorio para os vehículos privados  que entran ao centro da cidade.

 

Esquerda Unida considera que o Goberno somentes semella atento aos intereses privados en troques de atender aos intereses xerais da cidadanía cando anuncia o posible peche do espazo.

 

Todas as razóns militan no arranxo e mantemento dun espazo que hoxendía vén cumprindo unha función de aparcadoiro disuasorio e que namentras non se proceda a executar o planeamento do Sánchez Aguilera pode seguir a facelo en beneficio dos intereses xerais, axudando a desconxestionar ao centro da cidade e facelo de balde para os petos da nosa veciñanza.

 

Relacionados