Aparcadoiro EI As Mariñas

Esquerda unida propón que se habilite un aparcadoiro para os usuarios da escola infantil As Mariñas. Para evitar o que está a acontecer diariamente, é dicir, coches estacionados enriba da beirarrúa que linda coa escola infantil ocasionando prexuízos aos viandantes e para os propios pais, que ademais teñen que soportar multas por non dispor dun espazo físico no que estacionar.

Dende EU entendemos que é fundamental garantir a seguridade dos rapaces que acuden ás escolas infantís e que as Administracións deben levar a cabo as medidas precisas a fin de evitar riscos innecesarios.

Por iso, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou un rogo oral solicitando ao goberno municipal que permita que a policía local comparta parte do seu aparcadoiro cos pais e nais da escola infantil as mariñas durante as horas de entrega e recollida dos rapaces. O tenor literal do rogo é o seguinte:

– Solicitamos ao goberno municipal que permita a nais e pais dos alumnos da Escola Infantil “As Mariñas”  aparcar nas prazas de estacionamento reservadas á policía local no seguinte horario, de 8:00h a 9:45h e de 13:15 a 13:30h e de 15:30h a 16:00h, así como establecer un logo da EI As Mariñas nos vehículos que se beneficien destas prazas para poder identificalos como usuarios da escola.

Esta proposta non supón ningún gasto para o Concello e implica un beneficio para a cidadanía. Neste sentido, entendemos que de non atender a proposta o goberno local demostrará unha vez máis que se atopa completamente apartado da realidade social e dos problemas cotiás que afectan á veciñanza.

Finalmente, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal ten a obriga de tomar parte ante as reivindicacións da cidadanía xa que de non facelo, ademais non actuar diante dun problema de seguridade viaria, dificulta a conciliación da vida familiar e laboral”.

Relacionados