Aparcadoiros en Navia

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera que tanto Xunta como Concello, enfrascados na paternidade do proxecto, deberían ter en conta que o proxecto urbanístico para Navia e as modificacións que se artellen teñen que respetar os espacios verdes por sostenibilidade e calidade de vida dos veciños e veciñas do PAU de Navia. Lembra que Vigo firmou a Carta de Aalborg que literalmente dí: “las entidades locales se comprometen a aliviar la presión sobre las reservas de capital natural creando otras nuevas, como parques de esparcimiento urbano para mitigar la presión ejercida sobre los bosques naturales”

Esquerda Unida considera que en Navia existe suficiente espacio na periferia do PAU para os aparcadoiros e que, sendo gratuítos, seguro que os veciños os prefiren aínda que os tránsitos dende alí a pé ás vivendas sexan un chisco máis longos. Lembra que a explotación deste modelo de aparcadoiros que propón o Concello é PRIVADO E CON AFÁN DE LUCRO, creando unha especie de ZONA VERDE DE APARCAMENTO como existe en Madrid para residerentes e que sufre constantes incrementos de tarifa.

A idea de “aparcar á pé da miña casa custe o que custe” seguro que hoxe en día nun barrio con serios problemas de desemprego e precaridade laboral non é o demandado maioritariamente polo que ESQUERDA UNIDA defende a creación de espacios gratuítos e habilitados para o aparcamento sen que supoñan un modelo de explotación privada do espacio viario.

EU considera igualmente que esta proposta de construir aparcamentos en zonas verdes clarifica o porqué do abandono das mesmas no barrio, “interesa premeditadamente degradalas para xustificar outro uso non presente no planeamento”.

Relacionados