Aparcamento discapacitados

Por ese motivo presentáramos unha moción, o pasado 25 de abril de 2011, na que expoñiamos a distinta normativa que obriga a certas características, tanto na súa sinalización como dimensións, destas prazas de aparcamento.

Dentro destas características para estas prazas de aparcamento, queremos destacar que se debe sinalizar 1 praza por cada 40 ou fracción, aínda que o SUA o eleva a 1/33 en caso de pública concorrencia (art. 1.2.3), Se se vai sinalizar unha única praza, o mellor é, en base o 1.3 do Decreto 35/2000:

350 x 500cm máis un pasillo de 90cm entre praza e beirarrúa.

Se hai desnivel entre estrada e beirarrúa, a conexión entre pasillo e beirarrúa farase cunha rampa con pendente máxima do 12% (preferible 6%) e 90cm de ancho.

A praza sinalizarase en vertical e horizontal. En vertical co símbolo internacional de accesibilidade (SIA) e a pertinente lenda que indique a súa reserva para persoas con mobilidade reducida, e en horizontal delimitando o perímetro e pintando o SIA no centro da praza.

Se van a sinalizarse dúas ou máis prazas, é preferible o artigo 35 da Orden 561/2010, que permite aforrar espazo indicando un perímetro de 220 x 500cm cun pasillo intermedio compartido de 150cm.

Transcorrido máis dun ano da presentación desta moción seguemos comprobando que en Santiago estas prazas presentan un déficit de espazo e en moitos casos a súa ubicación non se indica correctamente.

Unha vez máis pedimos ó Concello que conte coa participación das distintas asociacións de persoas con discapacidade do municipio, abrindo o debate participativo pertinente co fin de acadar as solucións necesarias que permitan acometer actuacións eficaces e eficientes

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1) Ten previsto o Concello planificar, de forma participada coas asociacións de persoas con discapacidade do municipio, as prazas de aparcamento facendo que cumpran a normativa sobre dimensións, ubicación e sinalización?

Relacionados