Aparcamentos zona Ágora

 

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a habilitar un área de aparcamento na zona do Ágora que reúna as condicións necesarias de seguridade. Esta zona é un exemplo de falta de planificación xa que carece de espazos para aparcar apesares da elevada densidade de poboación, unha das máis altas da cidade, e de que os edificios da zona, sobre todos os máis antigos, carecen de garaxes.

 

Así a suma destas circunstancias fai que non sexa doado aparcar nas rúas da zona é que os veciños utilicen a explanada próxima o Ágora como aparcadoiro improvisado, pero a inadecuación da explanada fai que se utilice como punto de entrada e saída dos vehículos o paso de peóns que está o principio da rúa Jaime Hervada, co perigo que esto supón para os peóns que camiñan pola zona. Motivo polo que EU-V esixe non so a creación dun área de aparcamento senón que poña solución aos perigos que supón que a veciñanza utilice un paso de peóns como punto de entrada e de saída a zona de aparcadoiro.

 

A iniciativa que presentará o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes no Concello responde aos acordos acadados pola veciñanza na Asemblea de Barrio do Ventorrillo, a cal consiste nunha batería de preguntas para a súa resposta escrita no seguinte Pleno que a continuación se formulan literalmente:

1.- Ten previsto o Goberno Municipal dotar unha zona acondiconada de aparcadoiro nas proximidades do Ágora?

2.- Ten previsto o Goberno Municipal solucionar o perigo que para os peóns significa a utilización do paso de peóns ao principio da rúa Jaime Hervada como punto de entrada e saída da explanada que se utiliza como aparcadoiro na zona do Ágora?

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a densidade de poboación e a escaseza de garaxes provocan grandes problemas a veciñanza do Ventorrillo para poder aparcar, a que espera o Concello para dar unha solución cando existen terreos infrautilizados que con un mínimo custe poderíanse habilitar para aparcadoiros gratuítos provisionais en superficie”.

Relacionados