Apoiamos as reivindicacións do persoal do 061 que, co traslado forzoso á Estrada, critica que as súas condicións laborais están “seriamente danadas”

Esquerda Unida apoia as reivindicacións do persoal do 061, en folga dende fai un mes, ao non chegar a un acordo coa empresa para pactar as compensacións económicas que as traballadoras e traballadores solicitan derivadas do traslado forzoso á Estrada, a uns 30 quilómetros de Santiago de Compostela.

Eva Solla, deputada de En Marea e coordinadora nacional de Esquerda Unida, explicaba esta mañá que “a este traslado á Estrada, súmase o empeoramento das condicións nas que estase a prestar atención ás persoas usuarias das emerxencias do noso país, ademais do persoal, que empeora seriamente as súas condicións laborais”.

Por todos estes motivos, dende Esquerda Unida, apoiamos ás reivindicacións do 061 e a súa folga motivada pola deslocalización.

 

Relacionados