Apoio á Asociación de Prensa

 

Esquerda Unida apoia a postura da asociación da prensa de A Coruña (APC) de non dar cobertura as roldas de prensa que no permitan preguntas.

 

Neste sentido, O consello comarcal de EU Coruña comprométese a non desenvolver nunca roldas de prensa nas que non se permitan as preguntas e afirma que a devandita practica nunca a practicou.

 

O candidato á alcaldía por EU, César Santiso, considera inaceptábel que se pretenda secuestrar o dereito a información, alicerce fundamental no que se sustentan os valores democráticos.

 

César Santiso afirmou que “semella fundamental que nas rolda de prensa a información fluía en ambos os dous sentidos para que a cidadanía reciba unha información máis veraz e contrastada”.

Relacionados