eu.gif - 5.78 Kb

Apoio á A.VV. de Vilaxoán

 

 

Este nº de Avante, que fái o 29 e despois dun tempo sen editarse,  foi presentado nun concorrido acto público ao que EU fomos convidados, e responde sobre todo ao empeño e tenaz traballo do compañeiro Teo Cardalda. É imposible resumir nunha liñas todo o contido da revista. Dela destacamos o balance histórico das loitas e reivindicacións da Asociación, unhas das primeiras legalizadas no estado español e que fora presidida polo comunista camarada Moncho Patiño. Xunto cos avances grazas á loita veciñal, tamén se reflexa o que queda aínda por conseguir en equipamentos, urbanismo, sanidade, emprego ligado á rexenación das praias e dos bancos marisqueiros etc… Entre outras reseñas, aparece o saludo que adicara á Asociación o  europarlamentario de IU Willy Meyer. Temos tamén que referirnos aos artigos de opinión do noso portavoz municipal Juan Fajardo e do noso camarada Xesús Alonso Montero. Outros artigos moi interesantes se refiren ao homenaxe ás vítimas do franquismo e á República,  de denuncia da globalización capitalista, do recorte dos dereitos laborais e sociais namentras o grandes banqueiros e patronos e politiqueros ao seu  servizo engordan beneficios; da oposición contra o imperialismo e da guerra (autores dos artigos, e de calidade, son Teo Cardalda, Rogelio Diz, Carlos Taibo, Xoán C. de Soutomaior, Xavier del Valle-Inclán, José Manuel Pena…) O presidente da Asociación, Ramiro González, tamén escribe con contundencia contra a hipocresía da Igrexa Católica e da visita de Raztinger. Non queda esquecida a homenaxe debida a Marcelino Camacho, obreiro e comunista; a Saramago, e  ao actor Pepe Rubianes, home de esquerdas e insumiso ante o poder, natural de Vilaxoán. Eduardo Rubianes nos lembra a permanente amenaza para a xuventude e o pobo  que é o narcotráfico e á dependencia das drogas. Na revista faíse un amplio repaso á historia da vila e das súas xentes, lembrando especialmente ás mulleres traballadoras. Esta revista hai que leela e difundila, xá que é un importante traballo para extender entre a cidadanía ideas tan necesarias como a de que o pobo esté organizado, se forme e informe, loite polo seus dereitos e teña presente a memoria histórica dende o punto de vista dos intereses da clase traballadora.

Relacionados