Apoio á entidade social Lazos

No expediente de modificación de creto número 49, se contempla a ampliación de recursos económicos na área de benestar por importe de algo máis de 322.000 euros para diferentes partidas. EU avoga por realizar un esforzo na asignación deste fondos de xeito que Lazos reciba unha cantidade suficiente para manter o funcionamento e servizos públicos que presta a entidade social.

Yolanda Díaz formulou hoxe no transcurso do Pleno ordinario de agosto a iniciativa de EU para garantir a continuidade do servizo público que presta a entidade Lazos. Semella posible facelo e permitiría aliviar unha situación angustiosa para a entidade que xa despediu a dúas traballadoras e que contempla como crece a demanda dos seus servizos sen agora apenas axudas económicas públicas.

Son moitos os sinais de aviso de emerxencia que está a lanzar a entidade sen que o Goberno Municipal de momento reaccione. Lazos conta co apoio de toda a cidadanía que sabe do valor do seu traballo social nos eidos da prevención na loita contra o VIH así como da súa  laboura de inserción social. O lamentable do caso é que se teña que estar a pelexar unha axuda de sobra merecida e que semella  extraordinariamente necesaria no intre actual.

EU pídelle ao Goberno, pois, que proceda a acordar e librar unha partida económica para que Lazos poida seguir funcionando.

 

Relacionados