Apoio á folga do sector do lixo

Esquerda Unida apoia a Folga Xeral do sector do lixo e chama a cidadanía a participares na mobilización do sábado ás 12:00 h que partirá da Praza de Pontevedra. Porque Albada non so pretende reducir unha cuarta parte do salario aos seus traballadores e abrir a porta a novos despedimentos logo dos últimos oito, senón que  a súa intención é transferir os refugallos a outras plantas sen reciclalos.  A concesionaria lonxe de procurar un servizo de calidade cun alto grado de reciclaxe, buscou dende o primeiro momento acadar o máximo beneficio co mínimo investimento, e o fixo co silencio cómplice de PSOE e PP. So hai que observar o lamentable estado da maquinaria que utilizan os operarios.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao goberno local que active os mecanismos necesarios para evitar a estafa da concesionaria co incumprimento do contrato, porque nas negociacións de hoxe a avaricia da empresa quedou patente, Albada aceptaría unha conxelación dos salarios para este ano, pero negase a asinar unha cláusula de mantemento de emprego ou a readmitir aos 11 traballadores que despediu alegando que entran menos residuos na planta e que polo tanto xorde a necesidade dun axuste do cadro de persoal, mentres mantén un elevado índice de rexeitamentos e recibe os mesmos cartos públicos.

Con esta actitude, queda clara a estratexia da empresa, unha vez que observa que o goberno municipal non se atreve a iniciar accións contra ela polo incumprimento do contrato, Albada pretende un novo xiro de porca despedindo a máis traballadores a consta de reducir os xa de por si paupérrimos índices de reciclaxe, até que sexa practicamente nula.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a intención da concesionaria é clara: estafar a cidadanía e ao seu cadro de persoal, co consentimento do goberno municipal”

César Santiso subliñou que cada día que pasa semella máis necesaria e apropiada a medida que propoñemos de desenvolver cláusulas que permitan a intervención e mediación do Concello nos conflitos laborais das concesionarias de servizos municipais, proposta que nos comprometemos a executar no caso de ter capacidade de influencia na gobernanza da Coruña.

Relacionados