Apoio á folga universitaria do 24 marzo

Esquerda Unida manifesta o seu apoio á folga universitaria convocada para este martes 24 de marzo contra un goberno que decreta a reforma do sistema universitario coa oposición de toda a comunidade universitaria.

Así mesmo, dende Esquerda Unida denunciamos o carácter regresivo que o decreto 3+2 terá para estudantes, profesorado e o conxunto do sistema universitario público.

Á Área de Educación de Esquerda Unida valora o decreto do 3+2, aprobado (como vén sendo habitual de costas á comunidade educativa) como o úlimo ataque do goberno do PP á universidade entendida como servizo público xa que provocará que, máis aló de estudar os tres primeiros cursos, os custos dos dous seguintes (masters) sexan inasumibles para a inmensa maioría das familias. Esto provoca que polo tanto, se acelere a expulsión de máis alumnado das universidades públicas e o crecente traspaso de estudantes ás universidades privadas, que se especializan nunha maior oferta de posgrados, como o seu principal ámbito de actividade, para familias con recursos. Ademais este decreto suporá a eliminación de carreiras, a depreciación do título de grao e o despedimento de profesorado universitario.

Esquerda Unida lembra que ao longo da presente lexislatura as taxas téñense incrementado un 66% de media, tense reducido a cuantía das becas e o endurecido dos requisitos para logralas, conducido a día de hoxe á expulsión de máis de 45.000 estudantes da Universidade por non ter diñeiro para pagala. O decreto 3+2 non vén senón a afondar nesta tendencia.

Fronte a este proceso de “elitización” dos estudos universitarios, do recorte de recursos económicos adicados ao sistema de universidade pública (1.523 millóns nos últimos 4 anos), da precarización das condicións de traballo dos traballadores e traballadoras da universidade, da promoción do endebedamento do estudantado a través de créditos con entidades privadas e da aposta descarada pola extensión dun sistema universitario de carácter privado (nos últimos tres lustros o número de universidades privadas multiplicouse por dous ata chegarás 32 actuais). Fronte a todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á comunidade universitaria galega a secundar de forma masiva a folga deste martes 24 de marzo, coma una chanzo máis, tras o éxito da folga de estudantes do pasado 26 de febreiro na mobilización contra as políticas neoliberais e antisociais promovidas polo ministro Wert.

Relacionados