Apoio a Infinita Renovables

A alteración que decide agora o ministerio de industria alimenta o afogo deste sector económico e ameaza máis que nunca os postos de traballo. Semella que ao ministro non lle importa nada a sorte dos postos de traballo. Semella que o PP  ten dúas formas de actuar coas persoas traballadoras: mentindo e incumprindo o acordado e agredindo os dereitos do mundo do traballo.

Javier Galán denuncia que “non hai sociedade que ature a violencia cotián contra os dereitos da clase traballadora que propician as políticas do PP”; violencia  dunha política económica plagada de incumprimentos e que acentúa a crise e que o único que produce é paro, pobreza e peche de expectativas de vida para a xente común, que vive de vender a súa forza de traballo en troques dun xornal. O Grupo vai respaldar as mobilizacións que decidan as traballadoras e traballadores.

O Grupo Municipal manifesta que urxe  erguer unha voz auténtica e xenuína que defenda os intereses das clases traballadoras e que fomente  as capacidades produtivas do tecido industrial do país. A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA  supón un compromiso de producir nas institucións para xerar un cambio radical nas políticas económicas, para que estas sosteñan os intereses e necesidades das persoas traballadoras. AGE  así o fará dende o Parlamento Galego despois do día 21.

Esquerda Unida quere manifestar que a modificación dos tempos e prazos semella unha corina de fume dunha política industrial inexistente e ineficaz xa que logo para axudar ao tecido produtivo. Pasa o tempo e non é quen o PP de achegar unha solución. Quizabes non a teñan no marco dunhas políticas ferozmente librecambistas e despreocupadas da sorte das persoas traballadoras.

O PP está a  botar  a perder investimentos, postos de traballo e o futuro dun sector industrial, outro máis, a causa dunha ineficacia preñada de ideoloxismo neoliberal.

Relacionados