eu.gif - 5.78 Kb

Apoio á mobilización do 20 de xuño

 

 

 Esquerda Unida – OS Verdes esixe a fin das políticas de recortes impostas polo goberno do PP. A aplicación dunha reforma laboral que abarata e facilita o despido e consolidada a precariedade laboral, sitúannos xa con máis de 5,5 millóns de parados. Os recortes no sector público da educación, da sanidade, nos deixan orfos de dereitos, o rescate dos bancos, non é máis que un recheo dos seus buratos especulativos.

 

Ante esto, a executiva nacional de Esquerda Unida chama á cidadanía a participares nas manifestacións da mobilización do 20 de xuño convocada polos sindicatos de clase nas distintas cidades do país. EU-V aposta por unha saída social da crise e porque a economía teña o seu lugar ao servicio do ser humano e pola recuperación do sector público. Para recuperar así os dereitos usurpados polos mercados, unhas condicións laborais dignas.

 

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou “mañá todos e todas estamos chamados a mobilizarnos para defender tamén na rúa os nosos dereitos fronte o abuso das políticas neoliberais desenvolvidas por pp e psoe e para pular pola construción doutro modelo político e social”. 

Relacionados