Apoio a Navantia

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013.- Para a viceportavoz de Alterantiva Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, “Feijóo mente e condena á fame a unha comarca en que o paro acada xa o 28%”. E faino por incumprir todas e cada unha das súas promesas, tamén en campaña electoral, sobre a construción dun dique flotante, imprescindíbel para que os estaleiros de Navantia asuman carga de traballo. Esta maña, os traballadores do naval ferrolán concéntranse perante San Caetano á espera de que o presidente da Xunta os reciba e lles dea explicacións en persoa polos seus embustes. Varios deputados de AGE apoian as reivindicacións dos operarios coa súa presenza na protesta.

“Os traballadores queren unha saída”, manifesta Yolanda Díaz, “ou máis carga de traballo ou que constrúan o dique flotante”. AGE presentou ao respecto unha emenda aos Orzamentos da Xunta para 2013 en que se consignan 21,2 millóns para construír unha infraestrutura necesaria. Ademais, sumarase a todas as mobilizacións que decidan os obreiros do naval.

Relacionados