Apoio á Plataforma Ríos Limpos

 A pretensión era mostrar para que a todo mundo puidese visualizar  a situación de grave acoso ao que están sendo sometidos os ríos e montes galegos.  

   Mediante paneis informativos e diversas representacións quixéronse evidenciar temas como a prevención de incendios, as fumigacións tóxicas dos eucaliptos e a imperdoable desidia que amosan as administracións na loita contra os verquidos industriais nos ríos. 

A repercusión que están a adquirir as denuncias e as mensaxes divulgadas dende esta activa Plataforma no ámbito da provincia demostra que a participación directa da cidadanía estase a converter nun requisito indispensable co que afrontar a situación do grave deterioramento provocado por este sistema productivo, un xeito de producir e de actuar absolutamente incompatible coa supervivencia do noso medio natural.

Relacionados