Apoio a Syriza,a recuperación da soberanía

As vindeiras eleccións do vindeiro 25 de xanerio en Grecia, son a esperanza para os pobos do sur, para as persoas que reclaman dereitos, para a cidadanía que pretende recuperar a súa soberanía. A victoria de Syriza pode supor o inicio do cambio nun país vendido á especulación, Syriza representa a esquerda rupturista e organizada capaz de sumar para gañar, porque o cambio só se pode dar dende unha esquerda forte e organizada.

As deputadas e deputados de Esquerda Unida en AGE, veñen de asinar este manifesto de apoio a Syriza, ao cambio, porque detrás de Syriza están milleiros de persoas e numerosas organizacións que pulan por un cambio real que rache coas directrices da troika.

Nos atopamos nun momento histórico no que o medo sí está a cambiar de bando, as campañas de medo que se están levando a cabo tanto dende as institucións internacionais como dende os grandes medios de comunicación para condicionar o voto son un exemplo delo. As persoas que asinan este manifesto da Plataforma internacional de apoio a Syriza, esixen “preservar a libre elección do pobo grego” e por elo  instan “ás institucións europeas a velar polo bo funcionamiento das eleccións e a impedir calquera intento de limitar e/ou condicionar a libre designación que tome en conciencia o pobo grego”.

Asina o manifesto de apoio a Syriza en http://supportsyriza.com/

Relacionados