Apoio ao paro ferroviario

O golpe síntese en particular na nosa comarca, onde os servizos de FEVE vanse ver gravemente compormetidos polos recortes nas liñas e servizos. Nun anterior pronunciamento público, logo de mangter unha xuntanza co comité de empresa da A Coruña FEVE, xa advertíamos que se reducín un 40% das liñas de cercanías, facendo desaparecer na práctica esta modalidade de transporte, e un 25% dos servizos rexionais.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Ferrol, quere pedirlle á cidadanía que comprenda e respalde a loita das traballadoras e traballadores do ferrocarril, que con este paro tentar enfrontar a estratexia privatizadora de Rajoy ( RD-Lei 22/2012), seguida pola caladiña por Feijoo e polo propio alcalde de Ferrol.

Esquerda Unida empraza a alcadía de Ferrol a asumir a loita da plantilla e a defensa dos intereses colectivos da cidadanía para manter este servizo, melloralo, e dende logo opoñerse a calquera proceso privatizador.

Esquerda Unida defende a potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade. Despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, e escudándose na precaria situación económica, procédese a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos. O transporte, ao igual que a sanidade e a educación, é preciso que estea a servizo da cidadanía e non ao servizo do beneficio privado.

 

Relacionados