Apoio ao peche en Gondomar

Esquerda Unida expresa o seu apoio ao peche que a cidadanía leva a cabo en Gondomar a causa das preferentes e que se estende a outras partes do país, caso do Morrazo. As protestas cidadás nestes días tomaron forma de peche nos caixeiros das entidades que se adicaron a especular cos aforros, confianza e descoñecemento das persoas con productos hoxendía recoñecidos como tóxicos  e fraudulentos.

A Coordenadora Nacional de Esquerda Unida e deputada Yolanda Díaz  afirma que “queren coutar unha protesta lexítima  coas coaccións dun poder prepotente coas persoas e servil para cos banqueiros”. As identificacións que está a realizar a Garda Civil amosan a incapacidade do poder político para dar una resposta democrática a una protesta pacífica.

Son tempos que esixen a resposta difícil e moral da mobilización e a loita. A executiva nacional de Esquerda Unida anima a cidadanía a enfrontar a fraude das preferentes e subordinadas coa  participación nas protestas e coa esixencia ao  poder político dunha solución que restitúa o aforro das persoas traballadoras.

A deputada Eva Solla achegarase este mércores a Cangas para compartir o peche coas persoas afectadas e avanzar a solidariedade e iniciativas que a alianza política de Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA-ANOVA) vai soster na defensa da xente normal, desa inmensa maioría que sufrimos a crise causada e da que se benefician banqueiros, defraudadores e grandes empresarios.

 

Relacionados