Apoio ao peche Ve-La Luz

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes mostra o seu apoio ao encerro iniciado este xoves por de Ve-La Luz como repulsa aos últimos asasinatos de mulleres por violencia de xénero.

A dobre opresión que sofren as mulleres baixo o capitalismo ten así mesmo un lado máis escuro e doloroso que o plano social, xa que ás veces tamén está presente no fogar, no barrio, na súa relación íntima ou de parella cun home. E reflíctese nas altas cifras de mulleres maltratadas e asasinadas. Esquerda unida considera que a violencia contra á muller é un cancro a extirpar con urxencia nunha sociedade democrática.

Por outra banda, en todas estas situacións as mulleres deben afrontar dalgún xeito a complicidade do Estado por acción ou omisión. Por iso é necesario esixir que se  activen políticas públicas específicas para as mulleres e acadar un compromiso firme e activo de abordar as medidas precisas para seguir avanzando en materia de igualdade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a loita por desterrar a violencia machista e acadar a igualdade real entre homes e mulleres é parte inseparable do combate por unha sociedade distinta, máis xusta sen explotación nin opresión”.

César Santiso subliñou “a importante labor que fan mulleres combativas como a do colectivo de mulleres maltratadas Ve-laluz, con Gloria Vázquez a cabeza, para visualizar un problema que as institucións se preocupan en agachar e restarlle importancia”.

 

Relacionados