Apoio ao pequeno comercio

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o verdadeiro apoio ao comercio local non se fai ni con “ideas felices” e campañas puntuais, nin con visitas mediáticas na procura dunha fotografía para facer que se fai, que é como están actuando os causantes desta situación, PP e PSOE”. O concello pode e debe atender as principais demandas do sector como por exemplo o escaso “movemento” de locais comerciais debido aos desproporcionados prezos para actual situación de crise, ou un maior apoio para o comercio de barrio.

Esquerda Unida propón o desenvolvemento dun plan de apoio ao pequeno comercio en base a liñas de actuación concretas. Os negocios a pé de rúa son vitais para a boa saúde de todas as comunidades, pechan o ciclo económico local reducindo a dependencia enerxética e a pegada ecolóxica, xeran emprego entre a veciñanza e promoven a cohesión social. Por estes motivo o goberno local deben actuar no seu favor sen reservas.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta por establecer ferramentas municipais que promovan o acceso a locais, a redución de custes administrativos e de xestión dos comerciantes, a recuperación da vida nos ou sistemas de información á veciñanza. A redución de custes de xestión realizaríase no marco do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) onde os comerciantes, mediante o pago dunha moderada taxa cubrirían as súas necesidades administrativas, e asesoramento contábel, laboral e tributario. A creación dun banco de locais de aluguer xestionado por EMVSA permitiría a empresa municipal, a cambio de realizar a xestión integral do aluguer e asegurar a devolución destes en estado óptimo aos seus propietarios ao finalizar o contrato, poñer no mercado a prezo xusto locais comerciais para facilitar a implantación de novos negocios. A utilización das novas tecnoloxías, no marco do proxecto smart citiy, incrementaría a comunicación das ofertas e campañas dos comerciantes.

Finalmente, a través do Plan de Reactivación da Vida nos Barrios, baseado na descentralización das actuacións municipais na procura da apertura de toda a cidade para a veciñanza, mediante a recuperación dos espazos públicos, a diversificación cultural para o goce da cidadanía e apoio e promoción ao pequeno comercio para que cubra a demanda dos barrios.

Relacionados