Esquerda Unida en verbas do seu deputado en AGE, Xabier Ron manifesta dende o Aaiún, “ a necesidade de que o estado español asuma a responsabilidade histórica e apoie de forma firme e sen ambigüidades o referendo de autodeterminación do pobo saharaui”.
O intergrupo parlamentario Paz co Sahara, no que participa Xabier Ron, deputado de EU en AGE realizan nestes días unha viaxe aos territorios ocupados do Sahara. Onte a delegación conseguíu acceder ao Aaiun.
O obxectivo desta visita é o de coñecer in situ a situación en canto a Dereitos Humanos das persoas que viven nos territorios ocupados do Sahara, e mesmo poder traer testemuños sobre a denunciada represión das forzas de seguridade de Marrocos.
Esquerda Unida manifesta unha vez máis o seu apoio ás reivindicacións do pobo saharaui que solicitan que a MINURSO, cuxo mandato se renova en abril, sexa ampliado a velar polos dereitos humanos no Sahara.
Tras conquerir entrar nos territorios ocupados por Marrocos, a delegación parlamentaria galega mantivo encontro coa asociación saharaui de vitimas de graves violacións de DDHH. Xavier Ron puido coñecer de primeira man a testemuña de algúns e algunhas das integrantes, moitos deles que estiveron desaparecidos máis de 15 anos; en lugares ainda descoñecidos; padecendo torturas.
Posteriormente a delegación mantivo un encontro coa asociación Ibsar Elkhair, que vela polos dereitos humanos das persoas con discapacidade; e que traballan nunhas condicións de práctica ilegalidade, prestando axuda e velando polos dereitos das persoas saharauis.
Xavier Ron denunciou tamén que a delegación ten de xeito “permanente á policia secreta marroquí detrás”; e denuncia que xa entraron nas habitacions dos delegados e delegadas onte e revolveron as maletas e efectos personais dos deputados e deputadas.
Esquerda Unida en verbas do seu deputado, Xabier Ron manifesta “a necesidade de que o estado español asuma a responsabilidade histórica e apoie de forma firme e sen ambigüidades o referendo de autodeterminación do pobo saharaui”