Apoio ao sector lácteo

· Os membros do Grupo Parlamentar exisen medidas urxentes para paliar a grave situación dun sector estratéxico para Galiza e denuncian a actuación “inaceptable” no Parlamento ao desaloxar “de malas formas a uns cidadáns que únicamente trataban de expresarse”

· O portavoz, Xosé Manuel Beiras, calificou o discurso de investidura de Feijoo de acto  de “desprezo a intelixencia e aos cidadáns” e asegurou que lle recordou a unha canción infantil na que se dicía “imos a contar mentiras tralala…”

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda manifestaron esta maña o seu apoio e solidariedade co sector lácteo e as súas reivindicacións reclamando solución ao drama que están a vivir os gandeiros e gandeiras do noso país. O portavoz do Grupo, Xosé Manuel Beiras, denunciou o desprezo manifestado por Feijoo na súa intervención ante o Parlamento e a falta de sensibilidade hacia un sector estratéxico para Galiza.

“Os gandeiros e gandeiras deste país non teñen a culpa da situación na que se atopan que os está a levar a desesperación” asegurou engadindo que o Partido Popular o que fixo hoxe expulsando os representantes do sector que estaban a protestar no hemiciclo é “o que sempre fan, expulsar das institucións a todos aqueles que non son máis mansos que as vacas pero nós temos a obriga de dicir e sinalar quenes son os culpabeis e devolverlle a sobería aos cidadáns”.

O responsable do sector gandeiro do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, denunciou pola súa banda a actuación do persoal de seguridade do Parlamento que desaloxou “dun xeito inaceptabel a uns cidadáns que únicamente trataban de expresar a súa indignación ante as mentiras de Feijoo no seu discurso ante o Parlamento”. Así mesmo, denunciou a actuación á saída do Parlamento onde a Policía Nacional identificou a este grupo de gandeiros “coma se fosen delincuentes perigosos”. “Non se está atendendo o sector lácteo como outros como o enerxético que ten garantidos os beneficios por ser un sector estratéxico mentres que o gandeiro, que nós si consideramos que é estratéxico en Galiza, non só non ten garantidos os presos senón que ademáis non se exerce o control sobre as grandes superficies impedindo que vendan por debaixo de custes” explicou Antón Sánchez quen asegurou que “os gandeiros e gandeiras galegas sí fixeron os seus deberes”.

A situación aseguran esixe solucións urxentes porque “moitas das explotación xa non poden afrontar os seus pagos máis inmediatos e elementais”.

Por iso, os deputados de Alternativa Galega de Esquerda reclaman “un cambio de modelo que modifique as deficiencias estruturais do sector cun modelo intensivo e industrial, excesivamente dependente dos insumos dependentes do petróleo, cara un modelo máis extensificado, sustentable, e menos dependente”. Reclaman ademáis medidas de control na cadea comercial e na fixación de prezos mínimos.

“Imos a contar mentiras, tralala…”

O portavoz do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, calificou de “tráxico” o que aconteceu esta mañán na Cámara do Parlamento de Galicia co discurso de investidura de Feijoo que asegurou “en lugar de facer unha diagnose real da situación do país o que único que fixo foi recitar, como dí unha canción infantil, imos a contar mentiras tralala…”.

Tras escoitar ao candidato a presidir a Xunta de Galicia no seu descurso de investidura o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda amosou a súa indignación polo que consideran “un desprezo a intelixencia e polos propios cidadáns do noso país. Unha desfachatez”. O propio portavoz asegurou que “hai momentos nos que resulta difícil atopar as palabras” para explicar o que se sinte ante un descurso como o que fixo Feijoo esta mañán no que “todo o que dixo é mentira” engandindo que “non falou máis porque non tiña máis mentiras que contar”.

A viceportavoz do Grupo Parlamentar, Yolanda Díaz, pola súa banda salientou o feito de que en todo o discurso que durou máis dunha hora e media, non houbo nin unha soa referencia as mulleres do noso país, as medidas ou propospostas que o goberno de Feijoo ten pensado poñer en marcha na vindeira lexislatura polo que unha vez máis afirmou con datos que “Feijoo segue a maltratar as mulleres” coas súas políticas e coa súa actitude.

 

 

 

Relacionados