Apoio ao tecido local

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta de que por cada posto de traballo creado por unha grande superficie destrúense dous, ademais de que o seu aporte á economía local resulta insignificante. Como así o acreditan diversos estudos. O efecto devastador das grandes superficies sobre o emprego é de sobra coñecido na cidade, o motivo principal está na perda de riqueza, pois as multinacionais propietarias dos complexos non inverten os seus beneficios localmente e para máis inri a súa produción provén de países de produción barata como China.

Esquerda Unida propón medidas para frear a degradación e desaparición do comercio e os produtores locais. Semella necesario unha revisión urxente da política de alta permisividade coa proliferación de grandes superficies, e acompañala de medidas que permitan ao tecido produtivo local avanzares cara a sustentabilidade económica, social e medioambiental. O retraso destas políticas ten un efecto devastador sobre o emprego como demostra o envío masivo de currículos para aspirar a calquera posto de traballo porque a poboación ocupada segue descendendo.

O apoio ao emprego local pasa por desenvolver políticas que permitan facilitar as condicións de apertura de negocios, mediante a administración electrónica e a xanela única, e reducir custes a través do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) para promover, ao abeiro do Smart City as novas tecnoloxías e a eficiencia enerxética que permitan mellorar a capacidade competitiva non oso tecido produtivo, así como cubrir as necesidades administrativas e de asesoramento contábel, laboral e tributario dos autónomos, cooperativas de traballadores e PEME, mediante o pago dunha moderada taxa que cubra os custes de xestión onde. Asemade semella necesario crear un banco de locais de aluguer xestionado por EMVSA que permitiría a empresa municipal, a cambio de realizar a xestión integral do aluguer e asegurar a devolución destes en estado óptimo aos seus propietarios ao finalizar o contrato, poñer no mercado a prezo xusto locais comerciais para facilitar a implantación de novos negocios.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “unha Coruña equilibrada e sostible precisa urxentemente de medidas de reforzo e estímulo dos verdadeiros creadoras de riqueza e xeración de emprego: os autónomos, as cooperativas de traballadores e as PEME locais”.

Relacionados