Apoio aos asteleiros públicos

 

A marcha a pé a A Coruña  é outra chamada de atención aos poderes públicos para que defendan os postos de traballo e a cohesión social da nosa comarca, vencellada de xeito certo ao futuro dos estaleiros públicos.  Contemplamos con preocupación a secuencia de xuntanzas nas que os responsables do PP evitan comprometer o seu apoio ás demandas da plantilla.

 

O Grupo Parlamentar de Esquerda Unida reclamará na Comisión de Industria, Enerxía e Turismo do Congreso dos Deputados un compromiso cos investimentos produtivos do estaleiro, en concreto coa construción do dique flotante, ao presidente da SEPI, que vai comparecer a petición deste Grupo político. Cómpre clarexar xa que vai facer o PP nos vindeiros orzamentos do Estado e a posición de EU  é nidia: non vale outra que non sexa xa o financiamento do dique flotante. Todo o demáis supón atacar a liña de flotacións dos estaleiros e da nosa comarca, cando suma xa máis de vinte mil persoas no paro.

 

Esquerda Unida entende que a urxencia da situación do estaleiro esixe do máximo responsable da SEPI o compromiso de que neste orzamento se acordará a partida económica para construír o dique flotante.

 

Relacionados