Apoio aos estafados de NGB

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013.- O conflito das participacións preferentes e subordinadas só pode ter “unha solución política”. E esta só pode vir dos gobernos do PP. Alternativa Galega de Esquerda (AGE) súmase ás reivindicacións das plataformas e asociacións de afectados polas participacións preferentes e subordinadas das antigas caixas e pide a devolución da totalidade dos aforros. Logo de se xuntar esta mañá no Parlamento, canda os sindicatos e os outros dous grupos da oposición a Feijóo, con vítimas e estafados polos produtos financeiros, AGE tamén apoiará a manifestación do vindeiro dous de febreiro, en Santiago de Compostela.

A protesta, secundada ademais polos sindicatos CIG, UGT e CC OO, transcorrerá co lema “A quita é un roubo, o canxe outra estafa. Devolución do 100% dos aforros”. Ademais, avogará pola constitución dunha banca pública galega “no sentido de defender a existencia de NovaGalicia Banco para o financiamento da economía de Galicia”. A coordinadora de plataformas e asociacións de afectados elaborou, a maiores, un manifesto en que reclaman á Xunta de Alberto Núñez Feijóo que “impugne o Real Decreto do espolio e que a arbitraxe permita recuperar os cartos a todos os aforradores e non só ao 20% dos casos. Mentres tanto, vostede está do lado dos banqueiros, dos salteadores, dos ladróns, dos estafadores”. dos banqueiros, dos salteadores, dos ladróns, dos estafadores”.

 

Relacionados