Mentres, o cadro de persoal reivindica melloras en acción social e prevención de riscos laborais aumentando a seguridade no traballo, asemade dun incremento salarial moderado.
César Santiso, coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, afirmou “consideramos xustas as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Albada, xa que logo, apoiamos a folga convocada na procura da sinatura dun convenio xusto”. A empresa indicou que por mor da crise o fundamental é asegurar o futuro dos postos de traballo, o que para César Santiso é unha aptitude vergoñenta, “a empresa pretende conxelar os salarios co falaz argumento da crise, mais esta incrementa anualmente o canón ao concello”, así pois Albada pretende chantaxear aos 130 traballadores e traballadoras que forman o cadro de persoal, coa única intención de incrementar a súa conta de resultados, e dicir os seus beneficios.
Esquerda Unida responsabiliza ao Goberno coruñés das molestias a veciñanza derivadas da folga dos traballadores do Servizo de xestión de residuos sólidos urbanos por inhibirse no conflicto. EU lembra que a xestión de residuos é un mandato constitucional, polo que a responsabilidade final é do concello independentemente de quen estea a desenvolver o devandito servizo.
Para evitar que se repetir situacións como a actual ou a vivida no mes de decembro co conflicto da recollida do lixo coa empresa Cespa, o consello comarcal de EU Coruña propón que o concello incluía cláusulas nos pregos de contratación das empresas concesionarias que lle garanten a participación nos procesos de negociación colectiva e igualen en dereitos laborais aos traballadores e traballadoras dos servizos públicos.