Apoio aos traballadores de EMSA

 

O consello comarcal de Esquerda Unida solidarízase co cadro de persoal de EMESA ante a posíbel deslocalización da empresa. Así o seu Comité de Empresa, informa que a propietaria tomou decisións empresariais con serios efectos sobre o nivel de emprego e produción das factorías coruñesas, desprazando progresivamente a carga de traballo cara a unha empresa do grupo en O Porto. O Comité mostra a súa preocupación pola falta de abastecemento de materia prima para atender a demanda dos seus clientes, polo que o cadro de persoal teme que se estea mantendo esta situación para  proceder a unha deslocalización en beneficio desta outra empresa, o que os leva a temer polos seus postos de traballo, xa que na última reunión mantida o día 25 de abril coa dirección da empresa, esta manifestou que se están estudando varias posibilidades que, como mínimo implicarían unha reestruturación de persoal, sen descartar medidas máis drásticas.

 

O grupo municipal de EU-V recorda que ven de apoiar as dúas mocións que se presentaron no Pleno de onte na Coruña e anuncia que fará un seguimento das xestións do equipo de Goberno coa Xunta, Deputación e Goberno central na procura de cumprir os acordos plenarios. Semella fundamental que o Concello defenda o tecido produtivo da bisbarra, desenvolvendo accións tendentes a promover a economía produtiva local e evitar na medida do posíbel os procesos de deslocalización, sobre todo naquelas empresas estratéxicas que ademais xeran moita activade económica e riqueza ao seu redor como é o caso de Emesa-Trefilería, única empresa galega do sector cun cadro de persoal formado por 71 persoas.


O coordinador comarcal de EU e voceiro do grupo municipal de EU-V, César Santiso, indicou “espero que as mocións aprobadas no pleno non sexan un mero brinde ao sol e sirvan para loitar contra a deslocalización, porque os poderes públicos teñen a obriga de promover a actividade económica na procura de frear a sangría do desemprego”.

 

César Santiso engadiu “o Goberno municipal do PP ten amosado a súa incapacidade para desenvolver un plan que favoreza a reactivacilón económica e, xa que logo, xerar emprego, a maior demanda dos coruñeses e coruñesas, esperemos que alomenos sexa capaz de evitar a destrucción de emprego vía deslocalización”.

Relacionados