yolanda2.jpg - 17.04 Kb

Respeto á decisión das urnas

Yolanda Díaz quixo facerse eco das protestas que diante da comisión levaban a cabo unha representación da plantilla municipal  e manifesta que EU non comparte nin apoia as medidas de recorte de dereitos que o Goberno quere levar ao Pleno do xoves.

 

Esquerda Unida entende necesario que o Goberno Municipal retome as negociacións coas traballadoras e traballadores do concello, que amosaron hai aínda poucos días o seu claro rexeitamento a unha imposición regresiva que lastima dereitos e non arranxa ningunha cuestión. O Goberno perdeu unha votación e debe rectificar.

 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, insta a alcaldía do concello de Ferrol a liderar un proceso negociador que permita achegar un acordo e evite unha situación de constante denigración polo Goberno das traballadoras e traballadores do concello, que son ao fin os que fan posible co seu traballo que a cidadanía poida exercer os seus dereitos de cidadanía no ámbito local.

 

A derrota do Goberno no referéndum ten que custarlle algo ao Goberno Municipal: a soberbia, que ten que deixar de seren nota dominante do quefacer do goberno do PP. Non vale convocar á plantilla ás urnas para logo non reaccionar ao perderen – semella que de xeito inesperado polo Goberno –  doutro xeito que non sexa o de manter e non emendar en absoluto os recortes e cambios rexeitados nas urnas.

Relacionados