Apoio aos traballadores do Parador

viable e rendible para a nosa cidade. Cómpre estarmos todos a unha na defensa destas traballadoras e traballadores.

Esquerda Unida dirixiuse á alcaldía de Ferrol esta mañán para reclamar con urxencia a celebración dunha Xunta de Voceiros dos Grupos Municipais que permita pór en común a estratexia que ten que ser dunha defensa unitaria dos postos de traballo e da actividade económica vencellada ao parador da cidade.

Non semella crible a aposta polo turismo que se quere realizar na nosa cidade, dende que Yolanda Díaz asumira esa responsabilidade no mandato pasado, se agora por decreto se decide pechar unha instalación viable como é o parador de turismo da nosa cidade. Ferrol ten no turismo sustentable unha fonte posible e con gran potencialidade para aumentar a actividade económica e o emprego asociada a ela.

Yolanda Díaz, deputada de Alternativa Galega de Esquerda, rexistrou hoxe no Parlamento Galego unha iniciativa para que o Goberno da Xunta de Galicia interveña na defensa de postos de traballo necesarios e  cuxa amortización somentes deprimirá aínda máis a economía do país, e en particular a de Ferrol. A deputada vai manter un encontro de traballo cos representantes das traballadoras e traballadores mañán mércores, ás 17:00 horas, no propio parador de turismo.

 

Relacionados