O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes apoia e chama a cidadanía a participares nas manifestacións do 23F primeiro coa plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas e logo na marea cidadá. A primeira partirá as 11:30 h. da praza de Ourense e a segunda, unha vez rematada a primeira, partirá do Obelisco sobre ás 12:30 h.
Esquerda Unida participará na manifestación dos afectados polas preferentes e na marea cidadá do 23F contra os recortes e pola verdadeira democracia para dar unha resposta contundente por parte dá sociedade ao goberno central, autonómico e municipal que fan oídos xordos a todas as protestas sociais que inundan o país dun extremo a outro e se empeña en liquidar os dereitos democráticos do pobo.
Creemos que hai alternativa, hai solucións fronte ao golpe de estado financeiro. Sumámonos ao Manifesto que elaboraron de xeito conxunto todos os colectivos e organizacións que se mobilizarán mañá 23 de febreiro, onde se esixirá solucións ao goberno do PP para recuperar a xustiza social e ambiental, a transparencia e a democracia participativa, a defensa dos Servizos Públicos e Universais e unha Auditoría Cidadá da Débeda e contra a Débeda Ilexítima.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno do PP non so é cómplice dos mercados financeiros senón que afoga á cidadanía coas súas salvaxes políticas de axuste dirixidas contra a maioría socia e se empeña en liquida ros dereitos democráticos do pobo.