A Coruña Apoio PEME e autónomos

 

Xa que logo, Esquerda Unida considera fundamental o apoio a PEME e autónomos para reactivar a economía e xerar emprego. Por iso presentamos unha batería de propostas de incentivo en dúas vertentes: subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras e apertura de liñas de crédito.

 

A coalición Esquerda Unida – Os Verdes propón o programa “primeiro traballador” para fomentar a contratación de traballadores por parte de PEME e autónomos mediante unha subvención durante dous anos a realización do primeiro contrato indefinido. Así as empresas sen traballadores que accedan a esta subvención descontarían do Imposto de sociedades, IRPF ou IVE segundo o caso, o 30% da retribución bruta o primeiro ano, ate un máximo de 6.000 € e no segundo ano un 20% ate un máximo de 4.000 €.

 

A candidata ao congreso dos deputados por A Coruña, Mariluz Canal, indicou que “é fundamental que fluía o crédito, por iso esixiremos un programa de crédito ás entidades financeiras avaladas polo Estado para PEME e autónomos equivalente en volume de recursos para o investimento produtivo ás cantidades avaladas”.

 

Entre outras medidas citadas por Mariluz Canal, atópanse:

 

– Establecer un Convenio entre o ICO e as Caixas de Aforro para facilitar crédito ás empresas avaladas polas Sociedades de Garantías Recíprocas, en condicións de interese preferentes.

– Subvencionar os intereses de préstamos da liña ICO-SGR en 3 puntos para empresas e autónomos de menos de 10 traballadores que serán facilitados directamente polo ICO, apoiándose nos estudos de risco das Sociedades de Garantías Recíprocas.


– Subvencionar ás Sociedades de Garantías Recíprocas con 1.500 millóns de € Para os gastos de estudo e custo de avais de operacións de crédito e tamén para avais técnicos. Isto permitiría mobilizar da orde de 100.000 millóns de € en investimento produtivo.

Relacionados