Apoio cos traballadores do Ateneo

O Coordinador local de EU, Suso Basterrechea, achegouse ao local do  Ateneo para expresar a solidariedade de Esquerda Unida   coas persoas que traballan no Ateneo, nunha proposta cultural e social tinguida dos valores de xustiza, igualdade e compromiso. “Quizabes sexa esa lectura da cultura a que irrite e desencadene o comportamento sectario do Goberno Municipal”, sinala o Coordinador local de EU.

Esquerda Unida defende a actuación valente das mulleres e homes do Ateneo, de írense traballar e desenvolver a programación do Ateneo ao que é o seu espazo propio, por máis que isto incomode a un Goberno de dereitas, que atura mal unha concepción da cultura atravesada dos valores críticos e emancipatorios.

EU reclámalle ao Goberno que poña fin ao seu comportamento sectario e colabore co Ateneo para que esta entidade poide retornar de inmediato ás súas tarefas de xeito ordinario, sen a situación de excepcionalidade que está a xerar o propio Goberno Municipal.

 

Relacionados