Apoio emprendedores VS Fundación

 

Esquerda Unida rexeita a creación de este tipo de organismos paralelas por resultar custosos, ineficientes e pouco transparentes. Ao funcionar con independencia do concello os seus fondos sitúanse fora do control público, obrigan a xerar estruturas administrativas e de dirección innecesarias, e duplican tarefas desenvolvidas polo Concello, solapando a autentica Administración pública municipal.

 

Esquerda Unida propón utilizar estes catro millóns de euros para a creación do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) que permitiría reducir o desemprego na cidade ate nun 10%.

 

O devandito servizo cubriría as necesidades básicas as que se enfrontan cooperativas, autónomos e PEMES na súa primeira etapa. Permitiría aos emprendedores o uso gratuíto de oficinas, comunicacións, loxística, servizos administrativos e asesoramento contábel, laboral e tributario.

 

O voceiro do grupo municipal de EU, César Santiso, afirmou “invito ao alcalde a centrar os esforzos do concello en combater o desemprego e fomentar a actividade económica, a través do cambio do modelo produtivo cara outro máis sustentábel e menos dependente do petróleo que permita crear emprego estábel de calidade na Coruña”.

Relacionados