Apoio Folga Ensino

 

Neste sentido, o coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “estimamos que os recortes impulsados polo Goberno do PP supón unha redución  de entre o 25 e o 30% dos orzamentos no que constitúe o meirande ataque contra a educación pública desenvolvido nos últimos anos, precisamente agora que urxe cambiar o noso modelo produtivo e apostar polas tecnoloxías e a excelencia o PP, alleo as necesidades do tecido produtivo, impide a reactivación económica con estas medidas neoliberais, ademais estes recortes de tipo ideolóxico levarán a xerar enormes desigualdades entre a sociedade, permitindo o acceso a unha educación de calidade soamente aos que teñan suficiente capacidade económica, rachando cun principio constitucional elemental como a igualdade de oportunidades”.

 

Nesta mesma liña se atopan a subida das taxas universitarias nun 66% e a diminución nun 12% do orzamento destinado a becas o que fará practicamente imposible o acceso da mocidade de familia traballadora aos estudos universitarios.

 

Esquerda Unida – Os Verdes apoia a Folga do ensino convocada pola plataforma en defensa do ensino público para o 22 de maio. Atopámonos ante unha nova agresión contra os dereitos das familias traballadoras perpetrada por un gobernos que actúa ao ditado dos mercados. A gravidade destas agresións esixen da unidade dos traballadores e traballadoras, dos estudantes e das súas organizacións. Por iso lamentamos que unha vez máis os sindicatos foran incapaces de acadar a unidade de acción para esta mobilización. Non valen escusas: a división das organizacións sindicais debilita a mobilización e polo tanto facilítalle o camiño aos que queren acabar coa educación pública.

O consello comarcal de Esquerda Unida chama a cidadanía a participar na manifestación convocada por CCOO e Sindicato de Estudantes que partirá as 20:00 h. da Praza da Palloza.

Relacionados