Apoio manifestación conflicto lixo

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes apoia e participa na manifestación do martes con motivo da Folga Xeral do sector do lixo provocada pola avaricia de Albada coa compricidade do goberno local que está a fallar á cidadanía por desentenderse do problema do lixo e promover, así, unha folga sectorial que ocasionará moitas molestias á veciñanza. O PP limítase a critcar falazmente á oposición coa intención de crear tormenta mediática para agachar a súa responsabilidade e pedir dir que se alcance un acordo, en lugar de participar proactivamente na resolución dun conflito que vai adquirir enormes dimensións logo da fronte común creada entre os Comités de Empresa de Albada, Cespa, Sogama e Arenosa. Esta unidade de acción de todas as centrais sindicais implicadas (CCOO, STL, UGT e CIG), ademais de ser o camiño para que as familias traballadoras poidan defender os seus dereitos, amosa con claridade que as pretensións de Albada son inaceptables tanto dende o punto de vista sindical como dende a lóxica, xa que logo, esiximos ao goberno municipal que abandone a súa apatía e actúe inmediatamente para evitar a folga sectorial, porque é un servizo público responsabilidade do Concello e existen múltiples ferramentas para resolvelo.

Esquerda Unida chama á cidadanía a participares na manifestación para demostra so goberno municipal que non queremos pagar por un servizo que a concesionaria non está a realizsr correctamente. Xa que logo o goberno local debería non pagar a concesionaria o canón polos días de folga e descontárnolo á veciñanza  do recibo do lixo, porque a concesionaria está a incumprir o contrato reciclando menos dun 5% do lixo e os coruñeses e coruñesas non temos que pagar por un servizo que non se está desenvolvendo. Con esta medida EU acredita que a concesionaria cesaría no seu empeño de extorsionara aos traballadores o que permitiría chegar a un acordo e rematar cun conflito que nestes momentos beneficia a empresa que non ten que pagar o salario dos traballadores que están en folga pero que recibe todos os cartos do Concello apesares de non cumprir coa obriga da concesión.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “estou a espera da resposta do alcalde en relación coa petición de reunión para tentar resolver o conflito do lixo tal e como demanda a cidadanía e os propios traballadores e traballadoras de Nostian. Confio en que o alcalde teña a suficiente amplitude de miras para deixar ao marxe os intereses partidistas, a necesaria vontade de diálogo para sentarse coa oposición, porque o primeiro é a veciñanza e os cargos públicos debemos traballar para evitar un escenario de folga total e as molestias aos coruñeses e coruñesas. Para a cidadanía resulta tremendamente decepciónante observar como o seu goberno é incapaz de mediar nun conflito que non so prexudica á veciñanza, senón que dana gravemente a imaxe da nosa cidade no momento do ano que temos máis turistas, logo de investir millonadas en fomentar a imaxe da cidade.

 

 

Relacionados