Apoio manifestación hospital de Vigo

 

A Consellería de Sanidade, do PP, quere mudar o plan funcional do novo hospital rebaixando a 900 camas o plan previsto de 1.414 camas, consensuadas e defendidas pola plataforma cidadá pola Sanidade Pública. Pero as empresas privadas presionan a un goberno da Xunta, xa por si entregado ao capital privado, para desorganizar a sanidade pública segundo o seu interese capitalista.

 

Compre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa parte de responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, cando en realidade non colocou nin a primeira pedra, facilitándolle ao PP a súa estratexia privatizadora. Esta estratexia sanitaria do goberno galego non atinxe soamente a Vigo, senón que reproducirase o longo de Galicia. Convén lembrar a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na Lei 15/97 de Habilitación de novas formas en el sistema nacional de saúde que foi apoiada no parlamento español polo PP e o PSOE.

 

Esquerda Unida, unha vez máis, mobilizarase na defensa da sanidade pública, así, xunto cos afiliados e simpatizantes, participaran na manifestación membros da Executiva Nacional como o responsable da secretaría de Economía e traballo, Henrique González Lago, da dirección comarcal de Vigo como o seu Coordinador Comarcal, Roman Alonso, ou do Consello Local de Vigo como o seu Coordinador Ruben Pérez.


EN DEFENSA DO PÚBLICO

POR UNHA BANCA PÚBLICA

MÁIS IMPOSTOS PARA OS RICOS E MENOS IMPOSTOS

PARA A CLASE TRABALLADORA

REPARTO DA RIQUEZA

MENOS GASTOS MILITARES EN MISIÓNS IMPERIALISTAS
(Afganistán, Somalia, OTAN)
E MAIS GASTO SOCIAL

Relacionados