Apoio mobilización do 17 xaneiro

Esquerda Unida súmase ás mobilizacións convocadas pola plataforma en defensa dos servizos públicos previstas para mañá xoves 17 ás 19h e que terán lugar nas diferentes cidades do país.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta a necesidade de recuperar a dignidade que este goberno do Partido Popular, dos mercados, da troika, do capital pretende arrebatarnos. Ante unha agresión tan grave contra as traballadoras e traballadores deste país, é necesario tomar a rúa para amosar o noso malestar, é necesario que o goberno do Partido Popular saiba que non imos a parar ata recuperar o que os nosos devanceiros conseguiron coa súa loita.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida, considera que “canto máis nos usurpen, máis loitaremos, dende a rúa e dende as institucións”. Non temos medo, nin queremos ser partícipes dun sistema que desprotexe e conduce á miseria á cidadanía.

 

 

Relacionados