Manifestación Teleperformance

Esquerda Unida apoia a manifestación dos traballadores de Teleperformance que partirá ás 12:00 horas da rúa Newton 5, no polígono da grela na Coruña, e transcorrera por toda a Avenida Fisterra ata a rúa Fernando Macías fronte á Oficina Comercial de GÁS Natural Fenosa.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe que a explotación dos nosos recursos naturais revertan en postos de traballo para os galegos polo que insta a Gas Natural Fenosa a manter a atención ao cliente na Galiza, desistindo de trasladalo a Barcelona e evitar así que máis dun cento de coruñeses e coruñesas perdan o seu posto de traballo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, anunciou que en próximas datas manterá unha xuntanza co comité de empresa de Telperformance para brindarlles os recursos do grupo municipal na defensa dos postos de traballo.

 

Relacionados