Apoio Navantia

 

A loita das mulleres e homes de Navantia compétenos a todas e todos os que vivimos nesta cidade e país, porque o valor industrial, tecnolóxico, de riqueza social producida e emprego asociado semella fundamental para enfrontar a crise na nosa comarca e país.

 

Encabezados por Javier Galán, mulleres e homes da organizacións de esquerdas e ecoloxista, membros da plantilla do estaleiro, comparten hoxe a mobilización e loita de toda a plantilla na defensa do emprego e futuro de Ferrolterra.

 

O concelleiro de EU reclámalle ao PP que diga dunha vez a verdade:” vai haber este ano dique flotante ou non; basta xa de palabras baleiras e ningún compromiso”, salientou o edil de EU no decurso da marcha. Aínda no medio do debate parlamentar no Hórreo sobre o país, hai que significar a falla de compromisos económicos e industriais  da Xunta de Galicia.

 

EU chama a manter o nivel mobilizatorio na sociedade de Ferrolterra para conquerir as demandas xustas e necesarias da plantilla de Navantia. Na medida das nosas posibilidades imos seguri a sumarnos nunha loita de futuro.

Relacionados