O grupo parlamentario denuncia a a permisividade da Xunta co desmantelamento da empresa de Vilagarcía.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) estará mañá na manifestación que, a partir das oito do serán en Vilagarcía de Arousa, convocaron as traballadoras da conserveira Cuca, SA. E farao para amosar a súa solidariedade coas operarias fronte aos despedimentos planeados pola súa patronal. Os planes dos propietarios da empresa consisten en despedir 250 empregadas en Arousa. Alternativa, que xa se reuniu coas afectadas pola medida, amosa ademais a súa preocupación pola permisividade da Xunta de Galicia cos mencionados despedimentos.