Apoio traballadores Cespa

 

Esquerda Unida solidarizase co cadro de persoal de Cespa e apoiará a folga si a si o deciden, porque non se pode permitir que nunha concesionaria municipal se produzan persecucións sindicais nin que este falta de persoal para desenvolver os servizos polos que obtén amplos beneficios.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno municipal a que realice unha auditoría a concesionaria de limpeza viaria similar a de Nostián para determinar responsabilidades e esclarecer uns feitos que a empresa está a negar, pois de confirmarse a denuncia dos representantes do cadro de persoal a empresa estaría a incumprir as condicións pactadas co Concello. Algo lamentábel pois confirmaría que a empresa cuxa matriz é a multinacional Ferrovial, pretende incrementar a súa conta de resultados a costa de escatimar gasolina e mantemento dos vehículos adquiridos polo propio concello. É dicir Cespa pretende obter maiores beneficios a costa de empeorar o servizo de limpeza da nosa cidade e precarizar a situación laboral dos seus traballadores que son veciños e veciñas da bisbarra coruñesa.

 

EU-V propón que o Concello incluía unha cláusula que obrigue ás empresas concesionarias a sufragar as auditorías externas que encargue o propio Concello periodicamente para garantir servizos de calidade para a cidadanía, pois permitir que as auditorías de calidade das concesionarias as realicen as propias empresas é o mesmo que poñer ao zorro a coidar das galiñas.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, esixiu ao alcalde que faga cumprir a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria os compromisos que teñen asinados ou que lle rescinda á concesión, porque o “o concello debe velar porque as empresas privadas concesionarias de servizos municipais cumpran coas súas obrigas de cara a cidadanía e os compromisos co seu cadro de persoal. Non aceptaremos que o Goberno local mire para outro lado tentando esquivar un conflito que está a afectar a todos os coruñeses e coruñesas”.

 

Finalmente César Santiso agradeceu aos traballadores e traballadoras de Cespa a súa valentía para denunciar os feitos e anunciou unha próxima xuntanza co Comité de Empresa para cosensuar posíbeis accións en común.

Relacionados