Apoio traballadores do Parador

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda úniuse a concentración en defensa dos postos de traballo do Parador de Turismo de Monforte.

· Os deputados parlamentarios asistirán mañá a concentración convocada no Parador de Vilalba para protestar contra o ERE anunciado en toda a rede de Paradores do Estado

Ramón Vázquez, deputado de Alternativa Galega de Esquerda,  asistiu esta mañá a concentración que tivo lugar diante do Parador de Turismo de Monforte,  na defensa dos traballadores e contra o ERE que a empresa, Paradores do Estado, ten previsto aplicar nos establecementos de todo o pais.

O ERE anunciado prevé despedimentos, peche de instalacións e reducións horarias como o caso de Monforte, no que se pretende pechar o parador durante 7 meses ao ano.

A xornada de protesta se enmarca dentro do calendario de mobilizacións previsto en toda a rede de Paradores do Estado, que inclúe dúas xornadas de folga e concentracións en todo pais nos días de hoxe e maña día 8 de Decembro.

De feito, os representantes de Alternativa Galega de Esquerda asistirán maña  día 8,  a concentración que terá lugar no parador de Vilalba, dentro do segundo día de mobilizacións convocada contra o ERE previsto.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda defende a viabilidade dos Paradores e o seu carácter Público, considerando o ERE, unha manobra mais para a privatización de todos os bens públicos do Estado.

 

Relacionados