Aproveitar a fama de Depor e Liceo

 

É momento para que a corporación se posicione sobre o tipo de relación que o Concello debe ter cos equipos de élite como Liceo e Deportivo da Coruña, o meirande embaixador da nosa cidade no mundo enteiro.

 

Esquerda Unida propón que o Concello asine convenios de colaboración co Deportivo e Liceo para que participen nas diversas campañas de promoción da cidade e rendabilizar así a súa fama. Ambos os dous equipos están a obter grandes resultados apesares de ter orzamentos claramente inferiores ao seus principais competidores, asemade están a pasar situacións económicas complicadas, igual que lle sucede a outros equipos da cidade. Por outra banda a cidadanía coruñesa goza dos éxitos dos seus equipos, mentres estes fan á Coruña participe dos seus logros.

 

Ninguén dubida de que os equipos que atopan na elite son un grande escaparate para a nosa cidade, mais para manterse na elite necesitan a suficiente dotación económica, xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o goberno municipal desenvolva estudos de retorno económico cos equipos deportivos profesionais da nosa cidade, para determinar o impacto que poden ter sobre a económica local as campañas publicitarias nas que participen. Non debemos esquecer que o dito impacto no sector turístico e hostaleiro e moi importante.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou “non se trata de subvencionar, senón de actuar en sinerxía, porque son entidades privadas que teñen máis capacidade mediática que calquera outra campaña publicitaria. Non cabe dúbida que Liceo e Deportivo, a pesar de estar nos corazóns dos coruñeses e coruñesas e formar parte do patrimonio desta cidade, son entidades privadas, polo que non corresponden axudas públicas, mais consideramos que de seguro os datos do estudo que estamos a solicitar amosarán que son o mellor investimento en publicidade que pode desenvolver A Coruña, xa que logo, animamos ao Goberno municipal a realizar o dito estudo e tomar as medidas oportunas.

Relacionados