Arbitraxe Albada

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que o Goberno local solicitou a empresa e traballadores que se sometesen a arbitraxe meses atrás e agora non pode mirar cara outro lado. Esta petición de arbitraxe voluntario foi unha das poucas achegas de Negreira para solucionar o conflito, chegou o momento de defender activamente a arbitraxe ante a empresa para favorecer o acordo, unha vez que o comité de empresa dese o primeiro paso, nun novo exercicio de responsabilidade, presentando a solicitude para iniciar o procedemento de arbitraxe e acordar un novo convenio colectivo, debido ao fracaso da mediación.

Esquerda Unida demanda ao Goberno municipal que interveña para que Albada acepte a arbitraxe. O goberno municipal permanece pasmado diante dunha folga de tres meses e a continuada estafa social de Albada. Resulta intolerable que o PP levase como unha das súas principais promesas electorais a intervención para desactivar “a bomba de reloxería” de Albada e no goberno non movese un dedo para procurar outorgarlle ao concello un servizo de calidade cun alto grado de reciclaxe a un prezo xusto.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Goberno local ten a obriga de actuar ante un presunto fraude e ten a obriga de interceder para salvagardar os intereses da cidade por moitas doazóns que faga Florentino Pérez ao PP. Negreira está retrasando intervir Albada no seu mandato, para non enemistarse con ACS. A este paso a “luz e taquígrafos”, das que fala o alcalde, non serán unha realidade até que goberne EU no 2015.”

Relacionados