Área de mocidade elixe coordinador

 

Ao mesmo tempo, elexíronse aos tres membros que conformarán a nova Permanente Nacional e, entre eles, ao seu Coordinador, Ángel Enrique Abalde, durante os dous vindeiros anos; ademáis, propuxéronse as candidaturas para a elección dos futuros integrantes da Permanente Federal.

Xa pola tarde, a xuventude de Esquerda Unida programou un acto aberto no que interviron as deputadas no Parlamento de Galicia Yolanda Díaz e Eva Solla e unha representante da Permanente Federal da área de mocidade, que animaron á militancia a traballar en prol da converxencia política e a asumir unha  maior responsabilidade no eido institucional da nación. Por outra banda, Lara Hernández, activista social emigrada en Alemaña, analizou a difícil situación que atravesa a xuventude e as causas e efectos do exilio económico ao que esta se ve abocada.

Relacionados