vigo.gif - 5.74 Kb

Área metropolitana de Vigo

 

Para o coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez o discurso personalista sobre quen presidirá á área metropolitana é vergoñento sobre todo se nin siquera se ten artellado se os servicios metropolitanos: auga, transporte, residuos, ect… se van a xestionar dende o público ou serán privatizados para seguir perdendo control público sobre os servicios sociais básicos.

ESQUERDA UNIDA considera que as forzas de esquerda teñen que reclamar un órgano de xestión da área metropolitana colectivo e horizontal que non esté supeditado a órganos presidencialista e que sexa superador do modelo oscurantista e vertical que teñen implantados os concellos inscritos na futura área metropolitana.

A cidadanía descoñece aínda a formulación do plan da Xunta polo que o primeiro esforzo debería ser dar a coñecer en que consiste este importante desenvolvemento administrativo e as decisivas repercusións socio-económicas para o futuro de Vigo. Que os debates sexan en torno “a ver cantos representantes ten o BNG, o PSOE ou o PP, cando nin siquera se coñece o entramado institucional da futura área que determinará en que concellos haberá máis actuacións de infraestructuras e servicios é delirante, suliñou Rubén Pérez.

ESQUERDA UNIDA defende abertamente a viabilidade social e económica da futura área metropolitana en tanto en canto está en liza o futuro e viabilidade dos concellos actuais: con serias deficiencias para afrontar a dotación de servicios esenciais como a auga, o transporte público, a lei de dependencia e outras actuacións que hoxe en día, co recurte de transferencias e ingresos impositivos dos concellos está en grave amenaza. EU cree firmemente que a creación de grandes empresas públicas metropolitanas é o “cabalo de troia” para vencer o desemprego que na nosa comarca xa ten trazos de convertirse en endémico como en comarcas como Ferrol ou Cádiz. As potencialidades da área metropolitana non poden quedar solapadas polo discurso localista e populista dalgúns líderes políticos. EU pide seriedade aos partidos presentes nas corporacións locais da área metropolitana.

Relacionados